Mago De Oz - Memoria Da Noite lyrics

Published

0 135 0

Mago De Oz - Memoria Da Noite lyrics

Madrugada, o porto adormeceu, amor, A lúa abanea sobre as ondas Piso espellos antes de que saia o sol Na noite gardei a túa memoria. Perderei outra vez a vida Cando rompa a luz nos cons, Perderei o día que aprendín a bicar Palabras dos teus ollos sobre o mar, Perderei o día que aprendín a bicar Palabras dos teus ollos sobre o mar. Veu o loito antes de vir o rumor, Levouno a marea baixo a sombra. Barcos negros sulcan a mañá sen voz, As redes baleiras, sen gaivotas. E dirán, contarán mentiras Para ofrecerllas ao Patrón: Quererán pechar cunhas moedas, quizais, Os teus ollos abertos sobre o mar, Quererán pechar cunhas moedas, quizais, Os teus ollos abertos sobre o mar. Madrugada, o porto despertou, amor, O reloxo do bar quedou varado Na costeira muda da desolación. Non imos esquecer, nin perdoalo. Volverei, volverei á vida Cando rompa a luz nos cons Porque nós arrancamos todo o orgullo do mar, Non nos afundiremos nunca máis Que na túa memoria xa non hai volta atrás: Non nos humillaredes NUNCA MÁIS.

You need to sign in for commenting.
No comments yet.