Luar Na Lubre - Memoria da noite lyrics

Published

0 122 0

Luar Na Lubre - Memoria da noite lyrics

Madrugada, o porto adormeceu, amor, a lúa abanea sobre as ondas piso espellos antes de que saia o sol na noite gardei a túa memoria. Perderei outra vez a vida cando rompa a luz nos cons, perderei o día que aprendín a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar, perderei o día que aprendín a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar. Veu o loito antes de vir o rumor, levouno a marea baixo a sombra. Barcos negros sulcan a mañá sen voz, as redes baleiras, sen gaivotas. E dirán, contarán mentiras para ofrecerllas ao Patrón: quererán pechar cunhas moedas, quizais, os teus ollos abertos sobre o mar, quererán pechar cunhas moedas, quizais, os teus ollos abertos sobre o mar. Madrugada, o porto despertou, amor, o reloxo do bar quedou varado na costeira muda da desolación. Non imos esquecer, nin perdoalo. Volverei, volverei á vida cando rompa a luz nos cons porque nós arrancamos todo o orgullo do mar, non nos afundiremos nunca máis que na túa memoria xa non hai volta atrás: non nos humillaredes NUNCA MÁIS.

You need to sign in for commenting.
No comments yet.