Sintes cómo lamento,
no tempo pode chegar
Como unha lanza no vento,
como o vento avanzar
A volta ese é o sufrimento
Que se afoga entre apertas e alentos
Pasa o tempo labrando as enrugas
Como o mar labra a pedra fomos testemuñas
Dun pasado famento, dunha existencia nun tempo
As estrelas por teito e mirando ao horizonte sempre
mostramos respeito!
Avante toda!
Avante toda!
A terra loba!
Avante toda!
Avante toda!
A terra loba!
Na lingua un amargo destino
Dime que o lamento do tempo pode chegar
Coas fiestras abertas,
esa lanza directa vaime atravesar
Sinto o seu ruxido no vento,
sinto o vento podeme levar
Fecho os puños con raiba e ergome en silencio
Sempre que me chama o mar
Trocar a existencia escapar do silencio perverso
Fuxir dese alto prezo no que o abismo quereme enterrar
Nos muros do tempo cadaleitos de auga e sal
Érgome en silencio cando me chama o mar
Saír das ruinas do tempo ou polo menos tentar
Saír das ruinas do tempo saír das ruinas do tempo
Ou polo menos tentar saír das ruinas do tempo
Ou polo menos tentar ou polo menos tentar.
Avante toda!
Avante toda!
A terra loba!
Avante toda!
Avante toda!
A terra loba!