Sei que é camiñar na corda frouxa
Sei o que é caer na súa fosa
E ó final, poder erguerme
a repetir, os mesmos pasos
Son as culpas e as vergoñas dúas pedras
O medo é o chumbo polas veas
E loitar, semella inútil renunciar
a ser un mesmo
Para ser unha mascota do sistema
Ser unha contradición con pernas
Négome a cumprir a súa regra
Non claudicarei
Escribo cartas para desaparecer
E entre as súas follas atoparme e renacer
Escribo cartas pra ignorar e comprender
Cartas no caderno
Escribo cartas para desaparecer
E entre as súas follas atoparme e renacer
Escribo cartas pra ignorar e comprender
Cartas no caderno
Vinme unhas cen veces entre a espada
E unha sociedade amargada
E sufrín en versos destilando
O veleno que outros me inxectaron
Resistín o embate das mareas
Na bitácora vomitei penas
E aprendín que a resposta
Vive en nós, é a nosa forza
E pensei en ti o sentirme soio
E apoieime en min acompañado
Negueime a estar autosilenciado
A non existir
Escribo cartas para desaparecer
E entre as súas follas atoparme e renacer
Escribo cartas pra ignorar e comprender
Cartas no caderno
Escribo cartas para desaparecer
E entre as súas follas atoparme e renacer
Escribo cartas pra ignorar e comprender
Cartas no caderno
Ola, hai tanto tempo que non che escribo
Que so che falo en silencio
Boto tanto de menos ser soamente o teu amigo
E sinto que o tempo
É un aloumiño perverso
A quen contarlle os meus sentimentos
Na túa ausencia e sen remitente encho de cartas
Este caderno...