Non quero nada do dado
Que o dado algo require
Vivirei do emprestado
Pagarei canto puider
A lala a laala
A laa lalalala
Elalalá a lalala
A lalala lalalala (bis)
Esta noite hei de ir aló
Terás as pernas lavadas
Ou hei de durmir entre elas
Ou morrer a puñaladas
A lala a laala
A laa lalalala
Hai ruada no inferno
Que a fan os condenados
Que morreu a nai do demo
Cos dentes regañados
A lala a laala
A laa lalalala
MANEO
Non podo cantar que morro
Non podo avivar a fala
Que comin a aceituna
Bebín a auga salada, ai la…
Tira boi, tira vaca, tira galiña
As mociñas de agora teñen morriña
Teñen morriña nena, teñen morriña
Tira boi, tira vaca, tira galiña
As miñas mans son de prata
Heinas de mandar ourar
Saben tocar o pandeiro
Tamén saben traballar, ai la…
Eu aquí non canto máis
Que está o meu amor diante
Que me está facendo señas
Que vou rouca, que non cante, ai la…