Eu non sabía que había
Tanta alegría nas bágoas
Nin neve nas bidueiras
Nin esperanza nas mágoas.
Eu de noite iría de noite,
No medio do temporal.
Ir de día á luz do día
Dáme medo, miña nai.
No fondo do teu ollare
Unha gamela abanea.
Quen se poidera afogare
Na ardora dunha misteira.
O que eu soño é verdade
Como o silencio é un falare.
Se roubei o teu retrato
Foi pra aprender a mirare.