Eu non sabía que había Tanta alegría nas bágoas Nin neve nas bidueiras Nin esperanza nas mágoas Eu de noite iría de noite No medio do temporal Ir de día á luz do día Dáme medo, miña nai No fondo do teu ollare
Unha gamela abanea Quen se poidera afogare Na ardora dunha misteira O que eu soño é verdade Como o silencio é un falare Se roubei o teu retrato Foi pra aprender a mirare