Cara Belén camiña
Unha Nena ocupada
Fermosa, en canto a ela
San Xosé a acompaña
Chegaron a Belén
E pediron pousada
Responderon de adentro
Con voz alborotada
¿Quen chama á miña porta
Quen á porta me chama?
Somos Xosé e María
Que pedimos pousada
Se traen cartos que entren
E senon que se vaian
Cartos non traerei
Máis que un real de prata
Isos son poucos cartos
Pídanno noutra parte
San Xosé xa penaba
María o consolaba
Non te apenes Xosé
Non te apenes por nada
¿qué máis cartos ti queres
Que isto que me acompaña?